Feira anual do gando, da Vaca e do Cabalo en Adai.
O próximo Sábado 23 e Domingo 24 de Xuño; como todos os anos, celebraremos con todos vós a feira anual do da vaca e do cabalo en Adai, no municipio de O Corgo.
Este ano celébranse a XXXI edición do Concurso Nacional e a LXXXVIX edición da Subasta Nacional da raza rubia galega, os días 22 e 23 de Xuño (máis info: www.acruga.com) e o día 24 de Xuño a XXIII Feira do Cabalo.
O Concello do Corgo organiza a tradicional XXIII Feira do Cabalo de Adai con concursos morfolóxicos, exhibicións de doma e música.
Programa:
· 9.30h. Apertura
· 10.00-13.30h. Agasallos de benvida aos cabaleiros
· 11.00h. Inscricións
· 11.30h. Concurso Morfolóxico para cabalos de Pura Raza Galega puntuable para a XVI Copa Galicia PRG, maiores de 3 anos
· 12.00h. Concurso Morfolóxico para eguas de Pura Raza Galega puntuable para a XVI Copa Galicia PRG, sección de eguas maiores de 3 anos
· 12.30h. Concurso Morfolóxico de cabalos cruzados, maiores de 3 anos
· 13.00h. Concurso Morfolóxico de eguas cruzadas, maiores de 3 anos
· 13.30h. Entrega de premios e trofeos e Exhibición de Doma con cabalos de Pura Raza Galega da Asociación Pura Raza Cabalo Galego
· 17.00-18.00h. Gran Exhibición de Doma de Alta Escola Doma Clásica, Fantasías Ecuestres e Doma en Liberdade
· Durante toda a xornada, actuación da Charanga NBA
(máis info: www.concellodocorgo.com)