Feira de Gontán

Feira de Gontán

  • As Pulpeiras Carmen e Fina Maciñeiras en Gontán // Las Pulperas Carmen y Fina Maciñeiras en Gontán
    As Pulpeiras Carmen e Fina Maciñeiras en Gontán // Las Pulperas Carmen y Fina Maciñeiras en Gontán

Gontán é unha pequena vila que pertence ao Concello de Abadín, onde unha das súas actividades de ocio mais coñecida é facer senderismo polos múltiples sendeiros e camiños do municipio, como por exemplo, a ruta norte do Camiño de Santiago.

Ademáis, conta cunha extensa área recreativa situada á beira do río Labrada, cun merendeiro e unha praia fluvial acondicionada para o baño enmarcada nun entorno de vexetación con carballos, bidueiros, ameneiros e salgueiros entre outras árbores.

Todos os meses,primeiro e terceiro Sábado, celébrase a feira de Gontán, mercado no que ademáis de pulpo á feira podes atopar produtos típicos, postos de roupa, calzado, ferramentas e gando. Nesta feira, a pulpería Hnas. Maciñeiras y López contamos cun posto de pulpo no que podes pedir as túas racións para levar ou ben comelo alí mesmo, nas mesas que contan co servizo de bar prestado pola empresa Hermanos Debasa.

Cada ano, o primeiro Sábado de Novembro, esta vila celebra a feira de Santos de Gontán, feira que conta con máis de dous séculos de antigüidade e á que acoden centos de personas de toda Galicia e das Comunidades Autónomas limítrofes.

Outra das súas feiras por excelencia é a chamada Expogrelo, unha feira dedicada ao grelo que se celebra cara o mes de Febreiro coincidindo coa época de recollida deste alimento. Os asistentes a esta feira gozan coa degustación de este produto tan característico da cociña galega, ademáis de resaltar os postos de Pulpo que non poden faltar nas ferias tradicionais de Galicia.

Localización Gontán

Comments are closed.