Feira anual do gando; da Vaca Rubia e do Cabalo en Adai (O Corgo)
![]()
O próximo Sábado 24 e Domingo 25 de Xuño; como todos os anos, celebraremos con todos vós a feira anual do gando en Adai onde ademáis de concursos, subastas e exhibicións da vaca rubia galega e do cabalo, haberá postos de roupa, froitas, artesanía e por suposto de pulpo á feira.
Este ano terán lugar o XXX Concurso Nacional e a LXXXVIII Subasta Nacional os días 23 e 24 de Xuño (máis info: www.acruga.com) e o día 25 de Xuño a XXII Feira do Cabalo. (máis info: www.concellodocorgo.com)
Actos para o Domingo 25 de Xuño:
- 9.30.- Apertura do recinto da feira.
- 10.00-13.30h. Entrega de agasallos de benvida aos cabaleiros.
- 11.00h.-Inscrición para os concursos morfolóxicos na mesa do xurado.
- 11.30h.- Concurso morfolóxico de cabalos de pura sangue galega, puntuable para a XVI Copa Galicia PRG, maiores de tres anos.
- 12.00 h. Concurso morfolóxico de eguas de pura sangue galega, puntuable para a XVI Copa Galicia PRG, maiores de tres anos.
- 12.30 h.- Concurso morfolóxico de cabalos cruzados, maiores de tres anos.
- 13.00h.- Concurso morfolóxico de eguas cruzadas, maiores de tres anos.
- 13.30h.- Entrega de premios e trofeos de Exhibición de Doma con cabalos de Pura Raza Galega da Asociación Pura Raza Cabalo Galega.
- 17.00h.- Gran Exhibición de Doma de Alta Escola Doma Clásica, Fantasías ecuestras e Doma en liberdade.
- Actuación durante todo o día da CHARANGA NBA