Letras Galegas 2018

Letras Galegas 2018

O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado á María Victoria Moreno Márquez (1939-2005), unha profesora e escritora cacereña cun sentimento moi galego.

Autora recoñecida por moitos dos seus traballos, como Mar adiante, o seu primeiro libro en galego. “A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”, dixo no ano 1993, no congreso “Poetas alófonos en lingua galega”

Licenciada en Filoloxía Románica en Madrid, María Victoria Moreno chegou a Galicia no 1963, con só 22 anos, como profesora e axiña asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as nosas Letras tanto na narrativa -nomeadamente a infantil e xuvenil- como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas.

Por esta celebración, a semana do 17 de Maio moitos de vos gozaredes dunha fabulosa ponte, pasando uns días coa familia e amigos. Por iso queremos adiantarnos e lembrarvos en dónde estaremos nesas datas tan sinaladas para que poidades planificarvos e así gozar dun almorzo exquisito e divertido cos vosos seres queridos.

Esperámosvos e desexamos que pasedes uns felices días!

Comments are closed.