A feira de Rábade celébrase os días 2 e 22 de cada mes. Este Concello atópase a tan só 12Km da cidade.
O Concello de Rábade está integrado na comarca lucense de A Terra Chá, conta cunha distancia á capital da provincia, Lugo, de tan só 15 Km. Esta vila encóntrase no entorno natural do río Miño, que ofrece unhas paraxes idóneas para gozar de actividades diversas, como son: a pesca, o sendeirismo e os deportes náuticos.
Os días 2 e 22 de cada mes, ten lugar a súa feira tradicional con produtos do país e produtos típicos de mercadillo como son: roupa, calzado, alimentos… ademáis de gando porcino e ovino entre outros.
Nesta feira, a Pulpería Maciñeiras conta cun posto de pulpo no que podes coller as túas racións para levar ou ben comelo nas mesas que contan con servizo de bar da empresa Bar Ambulante Montero.