Expogrelo 2018
Mañá, sábado 17 de Febreiro, no recinto ferial de de Gontán reuniranse arredor dunha veintena de productores locales da IXP Grelos de Galicia para celebrar a XIII edición do Expogrelo que contará coa tradicional degustación do caldo e empanada de grelos.
Coincidindo coa época de recollida e maior consumo deste produto típico do entroido, o Concello de Abadín, organiza esta feira na que cada produtor aportará uns 100 kilos de grelos.
No programa deste evento, tamén haberá música e premios, ademáis de preto de 50 postos de pulpo, roupa, froitos, produtos da matanza e artesanía entre outros. Ademáis, poderase probar os distintos pratos que se poden facer con grelos; combinados con produtos como a panceta, o bacallao ou a zorza.
A cita gastronómica terá comezo a partir das 10:00h do mediodía e como cada ano, poderás mercar a túa taza especial para degustar este preto típico.