XII Feira de Artesanía e Gastronomía de Castroverde

O vindeiro Domingo, 13 de Agosto, Castroverde celebra a súa XII Edición da Feira de Artesanía e Gastronomía no antigo mercado da vila. Paralelamente a este encontro tamén se celebrará a V Edición da concentración de coches e motos clásicos.

Artesanía, gastronomía e música

A XII edición da Feira de Artesanía e Gastronomía arrinca ás 10:00 horas no antigo mercado que, durante toda a xornada, acollerá demostracións en vivo de oficios tradicionais como cestería, latón, cerámica, feltro ou instrumentos musicais.

Programación:

10.00h. Apertura

11.00h. Obradoiros de olería, cestería, chaveiros, latón, cerámica, feltro e instrumentos musicais. Seguirán todo o día

11.30h. Exposición do Mago Romaris coa obra Ilusións ópticas. No recinto feiral ·

12.00h. Recepción de autoridades. Asociación Cultural e Musical Zuncurrundullo·

12.30h. Presentación do libro do escritor Ricardo Polín, Castro Verde nas crónicas de Rogelio Reigosa. Actuación de Airiños de Orbazai ·

13.00h. Degustación gastronómica con produtos de Cantabria e cata de sidra asturiana·

13.30h. Desfile de moda, por María Nogueira. Intervención da artista Mariana; pintura sobre vestidos e saias Mirabelha; complementos Paula Dimé e Tetieros; esculturas de pelo de Carlos Bardullas…·

14.00h. Pregón co profesor Jesús Trashorras Nogueira·

14.30h. Festicultores Troupe e xantar galego ·

17.30h. Festicultores Troupe·

19.00h. Actuación circense de Isla Le Triska, Le Triska Inmóbile. Recinto das piscinas municipais·

20.00h. Mago Manuel Lamas, co espectáculo Unha historia máxica. Praza Concello

A Asociación Amigos do patrimonio de Castroverde estará presente con libros e información sobre o colectivo

V Concentración de motos e coches clásicos

O recinto feiral acolle tamén a V Concentración de motos e coches clásicos, donde haberá premios para os vehículos máis antigos e mellor conservados, que serán avaliados por un xurado experto na materia.

Programa

Comments are closed.