XXXIV edición da Festa ó Emigrante

Mosteiro de Pol celebra este xoves a súa 34 edición da Festa ó Emigrante

A XXXIV edición da Festa ó Emigrante do Concello de Pol terá lugar o vindeiro xoves 24 na carballeira de Mosteiro e contará coa seguinte programación:

  • 13:00 horas: Misa solenme cantada pola coral Schola Gregoriana Lucensis
  • Ás 13:30 horas, terá lugar o pregón a cargo de Francisco Buyo Sánches (Paco), exporteiro do Real Madrid CF e do Sevilla FC
  • Ás 14:30 horas descubrirase a nova placa representativa da XXXIV edición da Festa ó Emigrante.
  • Ás 14:45 horas: Sesión vermú a cargo do Trío Kalima 3.0
  • Ás 15:00 horas: Xantar na carballeira coa degustación dunha novilla asada e como todos os anos, contaremos coa presenza da Pulpería Hermanas Maciñeiras y López
  • 16:30 horas: Demostración de tear, promoción do programa de artesanía do CENTRAD (Deputación de Lugo) e xogos tradicionais a cargo de Xotramu
  • Ás 18:00 horas: Actuación do Trío Kalima 3.0 e ás 22:30 horas terá comezo a verbena coas orquestras Olympus e Charleston Big-Band

 

 

Comments are closed.