XII Expogrelo
Este Sábado 4 de Marzo, terá lugar en Gontán, Concello de Abadín a XII edición de Expogrelo, que contará con 20 produtores, 40 postos de artesanía, degustacións, música, premios e pulpo á feira.
Esta vintena de produtores e produtoras do municipio porán á venda arredor de 2.000 quilos de grelos nunha das feiras anunais máis destacadas do municipio.
Programa de actividades: Ás 9:00 mañá: reparto dos stands e numeración das cestas. Ás dez: abriráse o recinto feiral para a compra-venda do produto estrela da temporada. Ás 12:30: comezará a degustación do grelo. Ás 14:00: terá lugar a recepción das autoridades e a entrega dos premios. (Vales de compra a gastar no municipio).
Dende Hnas. Maciñeiras y López queremos animarvos a todas e todos a acudir e gozar desta feira tan especial.