Primeiras xornadas de Historia Local de Lourenzá
O municipio de Lourenzá celebra este o Venres 27 e Sábado 28 as I Xornadas de Historia Local de Lourenzá, coincidindo coa súa feira mensual que se leva a cabo os días 9 e 28 de cada mes.
Estas xornadas están organizadas polo Concello e foron presentadas na propia fortaleza pola alcaldesa, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; a técnico municipal de Cultura, María José López; o dono do Pazo de Tovar, José Ventoso; e o veciño de Lourenzá Miguel Gavín.
Estas xornadas nos remontarán ós inicios que foron dando forma á identidade e á historia de Lourenzá. Moitos dos asistentes recordarán xa ter oído falar aos seus devanceiros dalgún destes acontecementos. Cita a alcaldesa:
“Será como unha viaxe ás orixes, que nos mostrará como naceu, onde viviu e como foi medrando este nen@ que leva por nome Lourenzá”.
![]()
Programa:
Venres 27 a partir das 19:30h: Inauguración das xornadas por Manuel Arango e a continuación Manuel Román Ramos, veciño de Lourenzá, dará unha conferencia que leva por título Lourenzá: o nacemento dun concello.
Sábado 28 ás 18:30 horas: Conferencia sobre a Emigración Laurentina a Cuba entre os anos 1880 e 1930 da man de Vidal Martínez-Sierra
Sábado 28 ás 20:00 horas: Conferencia sobre a Crónica Negra Laurentina, impartida por Xoán Ramón Fernández Pacios ó remate das conferencias unha actuación musical do cantautor galego Tino Baz será a encargada de poñer o toque musical á xornada”. A continuación a alcaldesa de Lourenzá procederá a clausura.
Localización Fortaleza de Tovar: http://www.fortalezadetovar.net/localizacion.html
Máis info premendo aquí.