Feira de Meira

Feira de Meira

  • Feira de Meria (Xullo 2016)
    Feira de Meria (Xullo 2016)

O Concello de Meira pertence á provincia, ó partido xudicial e a diócese de Lugo, asímesmo, limita cos Concellos de Riotorto ó norte, Pol ó sur, ó leste co da Ribeira de Piquín e ó oeste co da Pastoriza.

Cabe destacar a importancia da vila de Meira como cabeceira dunha comarca, a cal alberga tamén unha antiga ruta alternativa do Camiño de Santiago, unindo o Camiño Norte co Camiño Primitivo.

A feira de Meira celébrase quincenalmente os Domingos, é unha das poucas feiras tradicionais que queda nas proximidades, remontándose nos seus inicios aos mercados celebrados polos monxes do convento nesta localidade. O mercado goza de privilexio real dende o ano 1707.

Tanto a poboación local, coma a dos arredores e feirantes dánse cita nas prazas de Meira para dar vida á feira máis importante da comarca reunindo roupa, produtos alimenticios, gando, música, complementos e un sen fin de artigos máis que se poden adquirir nesta curiosa e tradicional celebración.

Destaca sobre todo a presenza de pulpeiras, onde Hnas. Maciñeiras y López xunto co posto dos pulpeiros/as tamén prestamos servizo de bar con mesas exteriores e interiores, onde, no inverno colocamos uns cañóns de calor para que os almorzos sexan aínda máis agradables.

Localización Meira

Comments are closed.