Feira de Mosteiro de Pol
Mosteiro de Pol, parroquia pertencente á comarca de Meira, destaca principalmente pola súa paisaxe, é o primeiro valor do Concello de Pol. Distinto e multiforme, as veces sorprendente. Otero Pedrayo definiú a comarca polense como país de colinas. É, certamente o seu selo de identidade.
A dilatada historia do municipio de Pol, quedóu plasmada nos numerosos vestixios arqueolóxicos que abundan no municipio. Existen mámoas nas parroquias de Valonga, Lúa, Arcos, Ferreiros, Mosteiro, Carrazo e Silva.
Do mesmo xeito, da cultura castrexa quedan os castros de Torneiros, Brea (en Caraño), Rois (en Cirio), Trasín (en Luaces), Castro de Hermunde (en Hermunde) e Andión (en Silva). Tamén os romanos deixaron importantes pegadas nestas terras como unha ara votiva, dedicada a os dioses viais ou protectores dos camiños encontrada en Mosteiro, que se conserva no Museo Arqueolóxico de Viladonga, o mosaico romano de Doncide, na parroquia de Silva, oxe desaparecido, do que se conservan fotos no Mueso Arqueolóxico de Viladonga ou a tessera dos zoelas, inscripción na que se recolle un pacto de amistade entre os triapos e os desonsos, do ano 27 a. de C.
Feiras e festas:
A feira de Mosteiro de Pol celébrase cada primer Venres de mes. Nesta feira destaca principalmente o pulpo, debido ao entorno e ao cobertizo de pedra con grandes ventanais, deseñado para gozar deste manxar sen descuidar a paisaxe.
Ademáis, en agosto, Pol celebra unha homenaxe aos emigrantes e as súas familias que se viron obrigadas a buscar traballo noutras terras. Con esta festa, “Festa do Emigrante“, a parroquia pretende que estas familias se encontren cada vez máis preto de esta terra e dos seus habitantes, terra que sempre foi e será de eles.