Feira de Vilanova de Lourenzá
Vilanova de Lourenzá sitúase na comarca da Mariña Central, no Norte da provincia de Lugo. Limita ao Norte co Concello de Foz, ao Sur co de Riotorto, ao Leste cos de Trabada e Barreiros e, ao Oeste, co de Mondoñedo, distando uns 10 quilómetros, en liña recta, da costa Cantábrica.
O municipio de Lourenzá ten a súa máxima representación monumental no mosteiro de San Salvador coa igrexa parroquial de Santa María de Valdeflores de Vilanova de Lourenzá. É un municipio de gran atractivo, tanto polas súas paisaxes, como pola práctica de pesca, sendeirismo e o seu pasado monumental. Ademáis, a privilexiada situación de Lourenzá permite, a pesar de atoparse no interior, o rápido desprazamento ás numerosas praias do Cantábrico lucense.
A tradicional feira de Vilanova de Lourenzá celébrase os días 9 e 28 de cada mes no recinto ferial da mesma.
Nesta feira, a pulpería Hnas. Maciñeiras y López contamos cun posto de pulpo no que podes pedir as túas racións para levar ou ben comelo alí mesmo, nas mesas que contan co servizo de bar prestado pola empresa Hermanos Debasa.