O pulpo á feira é o prato galego gañador na enquisa ‘Lo mejor de España’
Con 76% dos votos este prato pasa a ser o característico da gastronomía galega, según os clientes de ‘La Nevera Roja‘ (prataforma española de comida a domicilio)
Centos de persoas acuden cada mércores a comer o pulpo á carballeira de Castro Ribeiras de Lea. Fotografía: SEBAS SENANDE. El Progreso.
Este prato tan tradicional posicionase moi por riba, según o gusto dos consumidores españois, de outras receitas como os ovos fritos con chourizo, ameixas á mariñeira, o caldo galego e os cangrexos. O obxetivo do concurso é poñer en valor a riqueza culinaria deste país.
Expertos chefs españois de restaurantes locais de comida española e mediterránea asociados a ‘La Nevera Roja’ realizaron unha pre-selección de pratos que foron sometidos á votación de máis de 1.000 consumidores de diferentes comunidades autónomas.
O resultado foi a selección de ‘Lo Mejor de España’, cun total de 17 pratos.
Gañadores por Comunidade Autónoma
- Flamenquín – Andalucía
- Cochinillo asado – Castilla e León
- Paella – Comunidade Valenciana
- Sepia con sobrasada e mel – Baleares
- Bacalao ajoarriero – Navarra
- Pastel de carne murciano e arroz con coello e caracois – Murcia
- Cocido montañés – Cantabria
- Pan tumaca – Cataluña
- Pulpo á feira – Galicia
- Papas arrugadas con mojo – Canarias
- Marmitako – País Vasco
- Migas – Castela-A Mancha
- Ternasco de Aragón – Aragón
- Cocido á madrileña – Comunidade de Madrid
- Migas á extremeña – Extremadura
- Patacas á rioxana – A Rioxa
- Fabada asturiana – Asturias