As Pulpeiras Pioneras

“As pulpeiras todas comemos o pulpo de tamaño intermedio e duro, que se note na boca”

Fotografía Pulpeiras pionerasO diario “El Progreso” publicaba onte un suplemento “especial SanFroilán” no que nunha das súas páxinas foi dedicada a elas, “As pulpeiras”, as pioneras do sector. Esta reportaxe foi feita coa presenza de Luisa Fernández, na que relata:

“Cando se colgaba o pulpo nos cordeis terminaba por encherse de moscas. Viñan os médicos e cando un dicía, “¡Dios!”, o outro respontáballe: “¡Bueno oh… Non se preocupe… que o pulpo se non é con moscas non sabe ben”.

Tal e como publica o diario:

“Luisa Fernández les cedió el negocio poco después de que enfermase su hermana Carmen, y hoy se siente orgullosa de haberlo hecho. “Traballan moi ben, son pulpeiras das de verdade”, explica Luisa. Ellas también muestran su afecto hacia Luisa, como indica Manuel Campos, el marido de una de las hermanas Maciñeiras: “Nós solo podemos dicir ben de Luisa”, afirma.”

Con todo ese traballo, elas, as mulleres e as súas familias foron en gran parte as verdadeiras impulsoras do San Froilán, Festa de Interese Turístico Galego e Festa de Interese Turístico Nacional.

“Cando empecei a traballar a ración de pulpo vendíase a sete pesetas (despois subiuse a 21). Daquela servíase todo en platos de barro, e as racións tiñan por tres das que se dan hoxe”, comenta a nosa Luisa. “Ás veces poñíase outro plato de barro con brasas por baixo, para que non enfriase, pero iso só era para os moi amigos. Estaba boísimo. Botábaselle allo e pementos, por esta época, que se picaban enriba do pulpo”

Nesta reportaxe as pulpeiras fan incapé en que o principal para un bon sabor é que o pulpo sexa de boa calidade.

Reportaxe completa

Reportaxe El Progreso As pulpeirasReportaxe "El Progreso" As pulpeiras

Comments are closed.