Pulpo á Feira, o mellor prato galego

O pulpo á feira é o prato galego gañador na enquisa ‘Lo mejor de España’

Con 76% dos votos este prato pasa a ser o característico da gastronomía galega, según os clientes de ‘La Nevera Roja‘ (prataforma española de comida a domicilio)
Centos de persoas acuden cada mércores a comer o pulpo á carballeira de Castro Ribeiras de Lea. Fotografía: SEBAS SENANDE. El Progreso.

Centos de persoas acuden cada mércores a comer o pulpo á carballeira de Castro Ribeiras de Lea. Fotografía: SEBAS SENANDE. El Progreso.

Este prato tan tradicional posicionase moi por riba, según o gusto dos consumidores españois, de outras receitas como os ovos fritos con chourizo, ameixas á mariñeira, o caldo galego e os cangrexos. O obxetivo do concurso é poñer en valor a riqueza culinaria deste país.

Expertos chefs españois de restaurantes locais de comida española e mediterránea asociados a ‘La Nevera Roja’ realizaron unha pre-selección de pratos que foron sometidos á votación de máis de 1.000 consumidores de diferentes comunidades autónomas.

O resultado foi a selección de ‘Lo Mejor de España’, cun total de 17 pratos.

Gañadores por Comunidade Autónoma

  • Flamenquín – Andalucía
  • Cochinillo asado – Castilla e León
  • Paella – Comunidade Valenciana
  • Sepia con sobrasada e mel – Baleares
  • Bacalao ajoarriero – Navarra
  • Pastel de carne murciano e arroz con coello e caracois – Murcia
  • Cocido montañés – Cantabria
  • Pan tumaca – Cataluña
  • Pulpo á feira – Galicia
  • Papas arrugadas con mojo – Canarias
  • Marmitako – País Vasco
  • Migas – Castela-A Mancha
  • Ternasco de Aragón – Aragón
  • Cocido á madrileña – Comunidade de Madrid
  • Migas á extremeña – Extremadura
  • Patacas á rioxana – A Rioxa
  • Fabada asturiana – Asturias

Comments are closed.