XIV Feira Artesán e Gastronómica de Castroverde

O vindeiro Domingo, 25 de Agosto, Castroverde celebra a súa XIV Edición da Feira de Artesanía e Gastronomía no antigo mercado da vila. Paralelamente a este encontro tamén se celebrará a VII Edición da concentración de coches e motos clásicos.

Artesanía, gastronomía e música

Programa:

A XIV edición da Feira de Artesanía e Gastronomía arrinca ás 10:00 horas no antigo mercado que, durante toda a xornada, acollerá demostracións en vivo de oficios tradicionais como cestería, latón, cerámica, feltro ou instrumentos musicais.

(10:00h) Apertura da feira ao público.

(11:00h) Obradoiros artesanais de olaría, cestaría, latón, feltro, instrumentos musicais, elaboración de queixo e demostración de outros oficios tradicionais. Poderase acceder a eles ó longo de todo o día.

(11:15h) Concentración de motos e coches clásicos no recinto feiral. A moto e o coche clásico mellor conservado levará unha distinción.

(11:30h) Elaboración de culturas de madeira con motoserra a cargo de Eugenio Linares, no recinto feiral.

(12:00h) – Recepción de autoridades e inauguración da feira coa actuación de Zuncurrundullo de Castroverde, percorrido polo recinto feiral.
(12:10h) Degustación de productos autóctonos de razas Galiña de Mos e Porco Celta, por parte de operadores autorizados 100%, nunha food truck especialidazada en razas.

(12:15h) Presentación e sinatura, no seu stand, de exemplares do último libro de Ricardo Polín “A Fortaleza Medieval de Castro Verde”.

(12:30h) Pasarrúas polo recinto feiral a cargo de Os Carapaus.
(13:00h) Pregón a cargo do empresario Carlos Reija de Santo André de Barredo.

(13:30h) – Desfile de moda organizado por Maria Nogueira Fotografa:
* O Zoqueiro Fashion, Alberto Geada.
* Colección “Las Meninas” de Gloria (Fabiolo).
* Experimento PEK, Sopa de Nuez.
* Colección “Vestidos Vintage”, Da miña nai.

(14:00h) Actuación musical da charanga Louband Oficial. Xantar típico galego.

(17:30h) Actuación musical da charanga Louband.

(18:30h) Teatro a cargo da compañía Mircromina Teatro de Títeres coa obra “A Familia Unida”, no recinto das piscinas municipais.

(19:30h) Circo aéreo a cargo da compañía Desastronauts, co espectáculo “Máis Alto Aínda”, no aparcadoiro das piscinas municipais.

(20:30h) Espectáculo de maxia a cargo do mago Dani Garcia co espectáculo “Código”, na praza do concello

VII Concentración de motos e coches clásicos

O recinto feiral acolle tamén a VII Concentración de motos e coches clásicos, donde haberá premios para os vehículos máis antigos e mellor conservados, que serán avaliados por un xurado experto na materia.

Comments are closed.