Feira de Adai
Adai é unha pequena parroquia situada ao norte do Concello de O Corgo, ao que pertence. Esta vila conta cun gran Pazo construído en 1939 e que forma parte das xoias arquitectónicas de toda España.
Todos os días 13, Adai celebra a súa feira de periodicidade mensual donde podes atopar roupa, froitas e os tradicionais postos de pulpo.
Nesta feira, a pulpería Hnas. Maciñeiras y López conta cun posto de pulpo no que podes pedir as túas racións para levar ou ben comelo alí mesmo, nas mesas que contan co servizo de bar prestado pola empresa Bar Ambulante Montero.
Ademáis, a vila conta con dúas feiras anuais de gran interese, como son:
- Feira da vaca rubia: habitualmente celebrada no mes de Outubro, onde a súa principal atracción concorre na disputa dun concurso de vacas e subasta.
- Feira do cabalo: esta feira congrega ano tras ano no mes de Xuño a multitude de xinetes e a un gran número de vendedores de cabalos. Co paso do tempo, converteuse nunha cita de referencia no sector, que reúne un gran número de visitantes ofrecendo diversas opcións como as competicións de cabalos, xogos populares e o pulpo como estrela gastronómica.